- O proxecto conta co apoio económico da Xunta, a Deputación e a Fundación ONCE, e permitirá cubrir as necesidades dos 45 usuarios actuais
Xa están en marcha as obras de ampliación do centro de recursos da entidade Íntegro, con sede en Nantón (Cabana de Bergantiños). Esta intervención beneficiará a 45 usuarios do centro, na súa maioría persoas con discapacidade intelectual da Costa da Morte, pero tamén permitirá aumentar o número de prazas ata un total de 63. O proxecto contempla a creación dun novo volume rectangular de 110 metros cadrados ao carón da fachada principal co obxectivo de ampliar algunhas dependencias actuais como a aula ocupacional, a cociña, o vestiario e os aseos.
Os traballos teñen como prazo máximo de execución o 30 de abril de 2023 e contan cun orzamento que ascenden a 180.339,35 euros. O pago realizarase dúas anualidades e participarán a Consellería de Política Social da Xunta de Galicia (43%), a Deputación da Coruña (37%) e a Fundación ONCE (8%).
A asociación Íntegro é unha entidade social sen ánimo de lucro que neste 2022 cumple 30 anos promovendo a inclusión social e laboral das persoas con diversidade funcional da Costa da Morte.