28
- Trátase dun programa de tratamento e recuperación de plásticos en colaboración co sector pesqueiro
Este xoves a Escola de Vela de Canduas, en Cabana de Bergantiños, acollerá a presentación do proxecto Diversiplás, un programa de tratamento e recuperación de plásticos que a asociación Íntegro está a levar a cabo na Costa da Morte e no que participan diferentes concellos e entidades do sector pesqueiro. No acto, que se desenvolverá de 10 a 12 horas, tamén se dará a coñecer a Rede de Entidades colaboradoras.