Ponteceso | Alumnado do CEIP As Forcadas visitou as instalacións municipais do servizo de auga

1 minutes read
  • A actividade, que pretende sensibilizar á rapazada sobre valor da auga, desenvolveuse durante o mércores e o xoves.

Alumnos e alumnas que cursan desde 3º ata 6º de Primaria no CEIP As Forcadas de Corme visitaron esta semana varias instalacións municipais relacionadas co tratamento e abastecemento de auga no concello de Ponteceso.

As actividades desenvolvéronse durante o mércores e o xoves. Na primeira xornada os estudantes recibiron nocións teóricas na aula da man de Cristian Rial Cacheiro, xefe de servizo da compañía Espina & Delfín. Durante o último días os escolares desprazáronse ata diferentes espazos relacionados co tratamento integral da auga como as instalacións de captación de auga de consumo no río Anllóns (A Saimia), a planta de potabilización de auga de Ponteceso e Corme, o depósito de auga para o abastecemento do Anllóns e a estación de tratamento de augas residuais (EDAR) de Ponteceso.

Con esta actividade búscase que os pequenos se conciencien e sensibilicen «no valor, coidado e respeto dun ben tan escaso como é a auga», afirman desde o Concello, que tamén colaborou na iniciativa.