Mango abandona a venda directa en Rusia por mor da guerra

1 minutes read

A firma de moda Mango decidiu abandonar de forma definitiva a venda directa en Rusia, despois de 23 anos operando no país, e cede as súas tendas aos seus franquiados “ante a incerteza respecto á evolución da situación xeopolítica” pola invasión de Ucraína. A firma chegou a un acordo con varios dos seus socios franquiados para cederlles o seu negocio e poder garantirlles o posto de traballo a os 800 empregados que ten en Rusia. A compañía destacou que deu cobertura aos seus equipos tanto en Ucraína como en Rusia, mantendo o pago dos seus salarios e prestándolles toda a cobertura legal que requiriron. Ademais, ofreceu asesoramento xurídico e un novo posto de traballo noutro país aos empregados e socios que decidiron abandonar Ucraína tras a invasión.