O secretario local e voceiro da formación municipalista Xuntos Carballo por un mundo máis xusto Xesús Deus Gende, desprazouse a varios lugares da parroquia carballesa de Entrecruces, para coñecer de preto as queixas que lle transmitiron veciños/as da zona, que lle afirmaron telo comunicado no Concello, pero de momento sen resposta. A maleza invade parte das vías de circulación, en algunhas delas dado que son bastantes estreitas, fai que circular polas mesmas sen raiar os vehículos sexa unha tarefa bastante difícil. Tendo en conta tal situación os peóns teñen que extremar as precaucións, dado que a o cruzarse cos automóviles apenas teñen sitio para onde apartar. Outeiriños, Redonda, Sampaio, Taboada ou Portochán, entre as máis abandonadas. Dende Xuntos Carballo por un mundo máis xusto piden que se proceda a limpar o máis axiña posible a maleza existente na parroquia, así coma noutras do Concello que están na mesma situación ou peor.
18