O PSOE de Muxía recuperará este sábado a súa tradicional comida en Ponte Constante

0 minutes read
  • Unha edición que o partido comezou a organizar antes da chegada da pandemia.

O PSOE de Muxía recupera, tras varios anos sen celebrarse, a tradicional churrascada dos socialistas en Ponte Constante. Prevista para este sábado, desde a directiva confían en que esta edición, que xa se comezou a preparar antes da chegada da pandemia, sexa «histórica en número de asistencia e, polo de agora, a resposta e a acollida da xente está a ser moi boa e positiva». Debido á inestabilidade atmosférica instalaranse carpas.