Continúa o reparto de bolsas compostables no concello de Carballo

1 minutes read
  • Poderán recollerse de balde na oficina de Carbllo Limpo de luns a venres en horario de mañá.

As bolsas compostables que reparte o Concello de Carballo como unha ferramenta máis para promover a reciclaxe e loitar contra o cambio climático ‘caducan’, rompendo con facilidade co paso do tempo. Por este motivo, quen participe no programa ‘Ti tes a chave’ poderá recoller, de balde, novas bolsas. Só deberá acudir á oficina de Carballo Limpo (galerías do edificio O Cedro, na rúa Desiderio Varela) de luns a venres, de 10 a 14 horas. Quen non sexa usuario do programa tamén poderá obtela.