Camariñas celebrará esta fin de semana o 125º aniversario do naufraxio do City of Agra

1 minutes read
  • Do 8 ao 10 de xullo haberá exposicións, unha feira mariñeira e concurso de tapas nos bares de Camelle e Arou

O Concello de Camariñas acollerá esta fin de semana, do 8 ao 10 de xullo, o evento conmemorativo polos 125 anos do afundimento do buque inglés City of Agra.

A Asociación Naufraxios Galegos e o Concello de Camariñas, en colaboración coa Confraría de Pescadores de Camelle, organizan este compendio de actividades no que, ademais do programa deseñado, haberá exposicións, feira mariñeira e concurso de tapas nos bares.

A programación arrincará o venres, 8 de xullo, coa apertura da exposición ‘City of Agra, 125 anos na memoria’. Ao longo das tres xornadas haberá concertos, roteiros de naufraxios, sardiñada, foliada e pasarrúas. O domingo, día 10, será a xornada de clausura a partir das 12:30 hora cunha homenaxe aos náufragos da Costa da Morte. Ás 12:50 horas realizarase unha recepción de autoridades aos náufragos do buque e procederase á entrega de medallas.