25
- O restaurante A Lagoa levou o galardón ao mellor decorado.
Na tarde deste mércores procedeuse ao reconto de votos do público que participou no concurso dos XIII Pinchos Irmandiños de Vimianzo. Unha edición na que os participantes puideron degustar ata 12 petiscos do 28 de xuño ao 2 de xullo, coincidindo coa celebración do Asalto ao Castelo.
O primeiro premio recaeu na ‘Torrada de Moscoso’, da cervexaría Risco, mentres que o restaurante A Lagoa logrou o galardón ao mellor decorado.
A rexedora, Mónica Rodríguez, felicitou a todas as que persoas que «fixeron desta nova edición unha das máis competidas que se lembran polo esforzo, adicación e, sobre todo, afán de superación».