A serie infantil ‘Los Argonautas’ inicia a súa rodaxe en Laxe

1 minutes read

O equipo da serie Los Argonautas está en Laxe para iniciar a rodaxe desta ficción de Portocabo e Radio Televisión Española (RTVE) dirixida a nenos e nenas de entre oito e 12 anos que se emitirá en Clan. Trátase da primeira produción de imaxe real para esta canle temática destinada ao público infantil, que conta co cofinanciamento de 350.000 euros da Xunta, a través da primeira convocatoria do fondo de atracción de rodaxes do Hub Audiovisual da Industria Cultural,

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, visitou o equipo de gravación e participou na rolda de prensa de inicio da filmación xunto ao alcalde de Laxe, José Luis Pérez Añón; o produtor da serie e CEO de Portocabo, Alfonso Blanco; o director de Área de Contidos da CRTVG, Fernando Ojea, e mais o director de Contidos Infantís de RTVE, Yago Fandiño.