22
As tropas rusas e prorrusas controlan en Ucraína case toda a rexión de Lugansk e teñen como obxectivo Sloviansk e Kramatorsk, na veciña Donetsk. En Kramatorsk, polo menos unha persoa morreu este xoves nun bombardeo ruso e varias resultaron feridas. Desde Moscova, Vladímir Putin arremeteu contra Occidente nun discurso televisivo este xoves: “Hoxe oímos que queren vencernos no campo de batalla. Que se pode dicir, pois que o tenten. Oímos moitas veces que Occidente quere combater connosco ata o último ucraíno. Isto é unha traxedia para o pobo ucraíno”, concluíu.