Asasinado a tiros Shinzo Abe, ex primeiro ministro de Xapón

1 minutes read

O ex primeiro ministro xaponés Shinzo Abe morreu tras ser alcanzado con disparos de escopeta durante un acto electoral este venres, informaron as autoridades locais. Crese que o exmandatario nipón recibiu disparos de escopeta pola espalada mentres ofrecía un discurso de campaña na rúa preto dunha estación de tren na citada localidade, segundo informou a policía local, que detivo a un home como suposto autor do ataque. T

estemuñas presenciais do ataque afirman que se oíron dous disparos no lugar dos feitos e que a continuación Abe esborrallouse ao chan, segundo recolle a cadea estatal NHK, mentres que algúns cidadáns captaron e subiron ás redes sociais imaxes do político sendo atendido sobre o terreo.

O líder conservador atopábase nun acto de campaña para as eleccións parciais á Cámara Alta da Dieta (Parlamento de Xapón) que se celebran este domingo, nas que o Partido Liberal Democrático (PLD) de Abe e do actual primeiro ministro, Fumio Kishida, espera revalidar a súa ampla maioría. Os mitins electorais adoitan celebrarse en Xapón en plena rúa e con escasas medidas de seguridade, debido ao baixo índice de criminalidade e de ataques con armas de fogo propios do país asiático.
Abe deixou o cargo de primeiro ministro por motivos de saúde en setembro de 2020, tras converterse no político xaponés máis duradeiro no posto.

Un exmilitar detido

A Policía xaponesa ha identificado a Yamagami Tetsuya, un home desempregado de 41 anos e exmiembro das Forzas Marítimas de Autodefensa (Exército nipón), como o presunto agresor que disparou ao ex primeiro ministro xaponés Shinzo Abe.