Ampliadas as prazas públicas no centro de día de Aspace en Sada

1 minutes read

As prazas públicas que se poñen a disposición das familias no centro de día que Aspace Coruña ten en Sada, foron ampliadas ata chegar a un total de 43. A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, fixo este anuncio durante unha visita ás instalacións que ten esta entidade neste municipio para atender a persoas con parálise cerebral. A estas 43 prazas para a atención diúrna hai que sumar outras 50 residenciais, ás que a Administración autonómica destina no seu conxunto máis de dous millóns de euros ao ano. Fabiola García destacou o traballo de Aspace por mellorar a calidade de vida de persoas con discapacidade e das súas familias.