17
O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, reuníuse co director do CEIP Francisco Vales Villamarín, Alejandro Sánchez, e coa alcaldesa de Betanzos, María Barral, para trasladarlle a vontade de colaborar para renovar a cuberta do patio do CEIP Francisco Vales Villamarín, deteriorada tras a ruptura dun canlón o que provocou que empezase a entrar auga polo que tivo que pecharse, coincidindo co remate do curso. Con esta colaboración, froito do Pacto Local en materia educativa, as obras poderán acometerse de xeito inmediato para que poidan estar rematadas en prazo. Trenor subliñou que con este acordo se poderá poñer a disposición dos alumnos e das familias o patio cuberto deste centro educativo o antes posible.