21
NordStream deixou de fornecer gas a Alemaña este luns. O gasoduto da empresa rusa Gazprom, que pasa por baixo do Mar Báltico, suspendeu os seus servizos por labores de mantemento ata o próximo día 21, segundo un aviso da operadora das instalacións. Unha parada técnica habitual por estas datas, pero que dadas as nefastas relacións co Kremlin, fai temer o peor a Berlín. Desde xuño o gasoduto funciona ao 40% da súa capacidade. O xigante enerxético culpa diso a Canadá, polas sancións que reteñen as súas turbinas reparadas nese país, que bombean o combustible. Alemaña considérao unha manobra política para crear incerteza e aumentar os prezos.