19
O lume declarouse a nave de cosméticos Anfer, e a perigosidade do material almacenado no interior acelerou a urxente intervención dos Bombeiros de Betanzos, coa axuda de protección Civil de Bergondo. O fume na zona obrigou a cortar a estrada AC-164 con Ferrrol. A Xunta activou o plan Platerga co nivel 1 por incendio industrial. O lume foi controlado, pero os Bombeiros de Betanzos recibiron o apoio dos da Coruña e de Arteixo. Cinco camións desprazáronse ata o lugar para traballar na extinción das lapas. A nave de cosméticos afectada colinda con outras parcelas industriais e foi importante traballar para evitar que o fogo se propagase ás outras.