Unha muller resultou ferida en Arteixo despois de sufrir unha caída nunha zona rochosa

1 minutes read

O suceso ocorreu entre Punta Regueiro e Punta Albufeira onde unha muller sufriu unha lesión nun pé na zona de rochas. Ás cinco da tarde deste domingo, unha persoa particular contactou co 112 Galicia para dar conta do suceso. Indicaba a dificultade para acceder ao lugar onde se atopaba a persoa ferida.

Para a evacuación e a atención da muller, desde o 112 Galicia puxéronse os feitos en coñecemento da Policía Local, do Servizo Municipal de Protección Civil e dos Bombeiros de Arteixo, que puideron evacuar á persoa nunha padiola ata o lugar onde a agardaba unha ambulancia do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 co seu equipo sanitario.

Cómpre indicar que grazas á axuda técnica do sistema móbil avanzado de localización (AML), a muller ferida foi localizado de maneira inmediata.