Santa Comba convírtese esta fin de semana na capital do Ioga

1 minutes read

O Festival Shanti Om de Santa Comba converteuse no Festival de referencia para toda a zona norte Peninsular. Contando na súa última edición cuns 500 asistentes que acudiron de diferentes zonas de España, cifra que estamos confiados superaremos con facilidade nesta cuarta edición. O Festival ofrece máis de 70 actividades relacionadas co desenvolvemento persoal e a saúde integral. Reúnense máis de 40 dos mellores profesionais de toda España que desenvolven traballos nesta liña. Tendo este ano a honra de contar coa presenza de dous artistas de renome internacional como son: Carrie Tree (Inglaterra ) e Sirgun Kaur (Estados Unidos).

O Shanti Om esta creado para facilitar ao asistente experiencias transformadoras, aprendizaxe e inspiración. Unha das características do Festival é o ambiente tan especial e elevador no cal nos mergullamos. Por isto e por moito máis convidámosche a gozar coa cita. IOGA-MEDITACIÓN-CONCERTOS-TALLERES- ACTIVIDADES PARA NENOS Ademais conta cunha zona de casetas relacionadas coa artesanía e produtos ecolóxicos e unha área de restauración onde poder gozar de exquisita comida, elaborada con amor e produtos de alta calidade.

Carrie Tree.