O Concello celebrará o 6 de agosto os Caneiros en familia, unha romaría organizada coa idea de promover un retallo para que os betanceiros gocen dun día especial, subindo ata Os Caneiros en embarcacións ou a pé e logo alí xantar no campo, á beira do Mandeo, coas viandas que os propios romeus leven. Unha celebración que, especialmente os mozos, non puideron gozar durante estes anos como facía antigamente.
O Concello recupera esta actividade despois do parón provocado pola Covid durante estes dous últimos anos. Do mesmo xeito que nas edicións anteriores, estableceranse viaxes desde o embarcadoiro da Tolerancia ata o campo de Os Caneiros na embarcación municipal Diana Cazadora. O prazo de inscrición estará aberto ata o próximo día 4 de agosto.