O Concello de Cerceda está a levar a cabo unha renovación integral da rede de saneamento en varias parroquias do municipio. Destinou para estes proxectos máis de 130.000 euros aos que haberá que sumar os aprobados no Plan Único para este 2022, en total 483.000 euros que inclúen o sistema de depuración na Silva, o saneamento en Longo, Meirama, e a instalación de tubaxes de saneamento e abastecemento en Pao do Lobo.
O alcalde, Juan Manuel Rodríguez, asegura que todas estas actuacións de saneamento forman parte dun proxecto integral que puxo en marcha o Goberno local para mellorar o este servizo básico en todo o termo municipal. De feito, o Concello licitou varias obras de este tipo nos últimos meses que perseguen o mesmo obxectivo. Rodríguez, destaca “a importancia” a nova intervención sobre a rede de saneamento de Meirama. O que buscamos é “ir aumentando a conexión para a futura instalación da depuradora, algo de gran relevancia para a veciñanza deste núcleo”, concluíu.