- Entre os días 10 e 14 de agosto terá lugar esta cita musical de gran tradición na cidade da Coruña.
Un dos principios do festival é o apoio á música e ao talento galego. Xa desde a súa anterior edición, o Festival Noroeste Estrella Galicia busca converterse nunha canle de apoio a artistas da industria musical e cultural máis próxima, que sufriu os efectos dunha pandemia que limitou as posibilidades de facer música en directo.
Na súa edición de 2022, o Festival Noroeste Estrella Galicia mantén dentro da súa programación unha aposta musicalmente atractiva que inclúe ata 21 formacións galegas entre as 49 que conforman o cartel desta 35 edición. A boa acollida por parte do público na súa última celebración demostra que a calidade e o poder de convocatoria das bandas galegas non se poden poñer en dúbida. O cartel deste ano está protagonizado polos seguintes artistas galegos: Tanxugueiras, Baiuca, Dios Ke Te Crew, Familia Caamagno, Miguel Costas, Bratzantifa, Helena Egea, FF, Néstor Pardo, Viruxe, CRNDS + Inma Veiga Live Av, Músculo!, nara is neus + Sasha Smirnova, Festicultores Troupe, Brassica Rapa, Toccororo, Alicia Carrera, Judah, Teresa Ferreiro, A Pedreira e Antonio Placer.