11
O alcalde de Cerceda, Juan Manuel Rodríguez, clausurou o obradoiro de emprego xunto aos seus homólogos de Tordoia e Trazo; Antonio Pereiro e Josefina Suárez; e a Directora Xeral de Formación e Colocación, Zeltia Lado Lago. No obradoiro que tivo unha duración de 9 meses, comprendidos entre o 29 de outubro de 2021 e o 28 de xullo de 2022, participaron 20 persoas, como alumnado-traballador. Os tres concellos promoveron este obradoiro cunha subvención concedida pola Consellería de Emprego e Igualdade de 346.9646,00€ e unha aportación de cada municipio de 10.000€, (30.000€ en total).