Cerceda celebrou este sábado, no polígono de O Acevedo, unha nova edición da súa xa tradicional cita gastronómica, a Festa do Cochiño. A festa, organizada polo Concello de Cerceda en colaboración coa Deputación da Coruña, arrincou ás 14.00 horas, amenizada durante todo o día por grupo Faíscas da Pontraga. Había máis de 1.200 reservas, pero foron moitas máis, para a degustación do bacoriño. O menú tamén incluía churrasco, pito ou polbo, a un prezo de 13 euros, a maiores, pan, bebida ou doce. Ademais de animación e diferentes postos de restauración, houbo unha macroverbena, que comezou ás oito da tarde, amenizada polas orquestras Panorama e Los Satélites. Un ano máis o público respondeu á chamada e o éxito foi total. A organización xa pensa na edición de 2023.
21