Convocadas subvencións para asociacións culturais, deportivas e anpas de Coristanco

1 minutes read

O Boletín Oficial da Provincia publicou a convocatoria de Subvencións por parte do Concello de Coristanco para Anpas, Asociacións Culturais ou persoas dedicadas ao mundo da cultura de maneira non profesional e sen ánimo de lucro e Asociacións/entidades deportivas, ou deportistas individuais; co obxectivo da:

– Promoción e impulso de actividades culturais, educativas, deportivas e xuvenís.

– Fomento do uso activo e creativo do ocio.

– Potenciación da conciliación da vida familiar.

– Promoción da difusión e posta en valor de todas as manifestacións da cultura popular galega.

– Apoio as entidades sen fins de lucro na realización de actividades deportivas, con especial atención ás entidades que desenvolvan e potencien as súas actividades deportivas nas categorías inferiores ou de base.

Os interesados que cumpran os requisitos de dita convocatoria, poderán proceder a súa solicitude a través da sede electrónica nos modelos normalizados que se inclúen como anexos na convocatoria,  ata o vindeiro 24 de agosto de 2022.