Ferida unha persoa nunha saída de vía en Santa Comba

1 minutes read

Ás 10 da mañá deste mércores o 112 Emerxencias Galicia pasaba un aviso por un accidente cunha persoa atrapada na estrada de San Salvador, en Santa Comba. Ao punto foron derivados de urxencia os Bombeiros do Xallas, unha Ambulancia do 061, Policía Local e Protección Civil de Santa Comba, así como a Garda Civil de Tráfico. Unha vez no lugar puideron comprobar que se trataba dunha saída de vía dun turismo Peugeot, que estaba volcado sobre o teito nunha finca paralela á estrada e co seu condutor atrapado no interior. Tras ser liberada, a persoa foi atendida polos servizos médicos e trasladada en ambulancia ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela.