Algo terá que mirarse o PP na Provincia da Coruña, non pode ser culpa do veciño que só goberne 4 concellos (1 en minoría) desde Laracha a Fisterra. Quizais a prepotencia coa que goberna, nalgúns casos, fíxolle pagar un prezo alto nas urnas a paso firme. Finisterre, Cee, Santa Comba, Malpica ou mesmo Zas ou Carballo eran feudos Populares, que a día de hoxe se desmoronaron. Tampouco gobernará Coruña, nin Ferrol, nin Betanzos e tamén se lle esfumóu o soño de volver á Deputación Provincial.
Que está a facer mal o PP??… Xa non funciona a política clientelar??… Xa non chega só o voto dos amigos??… O presidente provincial Diego Calvo emitiu un comunicado este sábado onde carga contra Cs, BNG, o PSOE e CxG por chegar acordos lexítimos en Malpica, A Baña ó en Santa Comba.
O certo é que o PP debe mirarse por dentro, e debe facelo canto antes, ou nuns meses lamentarase de perder tamén a Xunta de Galicia.