22
As actuacións afectarán tanto aos recintos como aos xogos infantís, varios deles inclusivos. As obras, que comezaron esta mesma semana, son executadas pola empresa local Vázquez y Reino, e recibiron a visita do alcalde, Evencio Ferrero, e o concelleiro de Deporte e Cultura, Marcos Trigo. As actuacións transformadoras chegarán tamén nos vindeiros meses a varias parroquias, xa que con cargo ao remanente de tesourería do ano pasado será posible acometer, tal como aprobou o pleno no pasado mes de xuño, a reforma integral de toda a área de ocio da Ponte de Bértoa, incluído o parque infantil; a reforma integral do parque infantil de Razo e a creación dunha nova zona de xogos en Artes.