Caión acollerá este xoves o espectáculo multidisciplinar ‘Naufraxios na Costa da Morte’

1 minutes read

Será a partir das 23:00 horas no paseo marítimo, a carón da igrexa parroquial. Trátase dunha función teatral escrita por Bernardino Martínez e dirixida por Xosé Leis que utiliza as traxedias marítimas propias do lugar  para ser representadas de xeito único. As diferentes personaxes, escenificadas polos actores Berni Martínez e Antonio Miranda e as actrices Alicia Baña e Andrea Rodríguez, explicarán o que aconteceu nos momentos dos naufraxios sufridos na zona nunha atmósferta onírica apoiada pola luz tenue, a música en directo de Klaus Martínez e os sons das ondas do mar como fondo.

A actividade, gratuíta para o público asistente, pretende o dobre obxectivo de dinamizar o turismo e xerar un novo xeito de redescubrir e honrar a historia da Costa da Morte.

Esta iniciativa é patrocinada pola Xunta de Galicia a través do programa ‘O Teu Xacobeo’.