Un total de 26 persoas do ámbito nacional e internacional acudiron a Brión para participar nun obradoiro de cerámica no taller de Nano Unzueta, experto ceramista con máis de 42 anos de experiencia dos cales leva máis de 20 desenvolvendo a súa actividade no concello.
Os obradoiros e encontros de Planeta Barro comezaron fai 9 anos e despois de dous anos paralizado pola situación sanitaria provocada pola Covid-19, este obradoiro tomou forma en Brión. Acudiron tanto persoas que se dedican laboralmente á cerámica así como afeccionados.
Unha xornada intensa, na que se compartiron técnicas, coñecementos e experiencias no referido ao mundo da cerámica. De feito, xa é a segunda vez que este evento se celebra no Concello, que colaborou con material como carpa e cadeiras para os e as asistentes.