Un menor resulta ferido de consideración tras ser golpeado por unha vaca en Santa Comba

1 minutes read

Un menor necesitou asistencia sanitaria na tarde deste xoves en Santa Comba despois de recibir un golpe por parte dunha vaca nunha explotación gandeira no lugar do Couto.

Debido á gravidade das feridas sufridas polo cativo, os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 mobilizaron o helicóptero medicalizado con base en Santiago para atendelo.

Os feitos sucederon na parroquia de Alón, ao fío das 17:30 horas. Nese momento, o persoal sanitario alertaba do ocorrido ao 112 Galicia.

Nada máis ter coñecemento do suceso, os xestores do CIAE 112 Galicia pasaron o aviso aos axentes da Garda Civil, da Policía Local e aos voluntarios de Protección Civil da localidade.