‘Naufraxios na Costa da Morte’ chegará este sábado a Malpica

0 minutes read

Os creadores teatrais, da compañía aAntena achegarán as historias de naufraxios a Malpica para dar a coñecer a cultura inmaterial da Costa da Morte a través das historias dos naufraxios que forman parte da historia e do imaxinario colectivo da comarca. Unha obra que descubrirá os naufraxios que afectaron as vidas humanas e á historia da navegación; que vencellaron culturas, mitos e lendas. O evento celebrarase o vindeiro sábado 3 de setembro ás 21:30 horas na Ermita de Santo Hadrián da man da Concellería de Cultura.