Tras o anuncio dunha “intervención de emerxencia” do mercado enerxético, a Comisión Europea baralla limitar o prezo das enerxías renovables para conter a factura eléctrica e desaconsella estender a excepción ibérica, segundo un informe dos técnicos da Unión Europea. Neste primeiro borrador, Bruxelas propón introducir un límite de prezos para as “tecnoloxías de xeración de electricidade inframarxinais” –como as renovables, a nuclear e o lignito–, xa que considera que teñen “un rendemento máis baixo” e maiores beneficios que as centrais de gas. O obxectivo desta medida é que a rendibilidade comercial destas tecnoloxías sexa independente do prezo marxinal da electricidade. Esta limitación “supoñería beneficios financeiros adicionais para os Estados membros”, asegura o documento, que indica que estes ingresos resultantes deberían ser compartidos cos consumidores co fin “de reducir as súas facturas”.
17