O Concello de Vimianzo convoca unha liña de subvencións para o inicio do curso

1 minutes read

O Concello de Vimianzo convoca unha liña de subvencións para o inicio do curso académico dirixido ás familias empadroadas na localidade cunha renda per cápita inferior aos 9.000 euros anuais e para o alumnado de segundo ciclo de Educación Infantil, Educación Primaria, ESO, Bacharelato e ciclos formativos de grao medio e superior de centros públicos.

O obxectivo prioritario é prestar axuda á hora da adquisición de material escolar, musical ou informático, así como roupa, calzado ou outro material que se considere necesario para as alumnas e alumnos matriculados en centros escolares públicos durante o curso escolar 2022-2023. Poderase facer a través da web municipal.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto entre o 3 e o 30 de setembro. Habilitouse unha partida orzamentaria para esta finalidade de 32.000 euros. Desde o goberno local consideran “prioritario” que o Concello de Vimianzo estea “ao carón das familias con poucos recursos e que poidan así comezar o curso con plenas garantías de suministro de materiais”, sinalan.