Nunha resposta escrita en relación á pregunta formulada polo Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego, a iniciativa do Deputado por Bergantiños Daniel Pérez López sobre “as solucións acerca dos problemas de correntes no porto de Laxe”, convertida en pregunta con resposta escrita por finalización do período de sesións xaneiro-xullo de 2022, para así dar cumprimento ao previsto no artigo 157 do Regulamento do Parlamento de Galicia. A contestación formulada pola Consellería do Mar é que a Xunta de Galicia rematará a dragaxe do porto de Laxe no vindeiro mes de outubro.
Para o BNG de Laxe esta resposta resulta insuficiente, posto que ‘non contestan en ningún momento ao resto de preguntas da iniciativa, sobre todo no que respecta á retirada de area e dunas da parte baixa do paseo marítimo, polo que haberá que agardar ao vindeiro martes 6 de setembro, a partir das 10,00h, ao debate da Proposición Non de Lei, na Comisión 8ª, para que a Xunta de Galiza lle dea por fin unha alegría á veciñanza de Laxe anunciando, que de xeito urxente, como lle pide o BNG, retirará a inxente cantidade de area acumulada, provocada pola obra de ampliación do dique, como así xa recoñecera Portos de Galicia nun informe remitido á Fiscalía Delegada de Medio Ambiente de Galiza a instancias dunha denuncia na mesma do BNG de Laxe; co permiso do Estado xa conta, como así aparece na derradeira resposta do Goberno Central no Congreso a unha pregunta feita polo deputado nacionalista Néstor Rego; polo tanto estaremos expectantes’, conclúen dende o BNG de Laxe.