O congreso nacional da Sociedad de Ingeniería de Software y Tecnologías de Desarrolo de Software (SISTEDES) é un encontro anual centrado en tres grandes áreas da informática: Enxeñería de Software e Bases de datos, Ciencia e Enxeñería de Servizos e Programación e Linguaxes.
O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, participou en Santiago de Compostela na súa apertura, ao que cualificou como “un espazo no que se concentra talento nacional e internacional, que fomenta a posta en común e o intercambio científico” e destacou a importancia de “atraer e reter talento en Galicia, que o hai e moito”.
No evento, no que colabora a Deputación da Coruña e que está organizado polo grupo de investigación COGRADE do Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes da Universidade de Santiago de Compostela, daranse cita 240 investigadores dos grupos de investigación máis importantes das universidades españolas, así como estudantes e representantes de empresas e do sector público.