Malpica iniciou as obras de ampliación do cuartel da Garda Civil

1 minutes read

O Concello de Malpica iniciou as obras de reforma das instalacións da planta baixa da casa consistorial, unha actuación que conta cun orzamento de 42.935,98 euros e que permitirá ampliar e mellorar as dependencias da Guardia Civil.

O proxecto, que responde a unha necesidade de espazo dos axentes da Guardia Civil, permitirá habilitar, neste novo espazo acondicionado, dúas oficinas, unha sala de agarda, vestiarios masculino e feminino e dous baños independentes.

O alcalde de Malpica, Eduardo Parga, explica que “o contrato desta obra xa estaba asinado por min desde o 29 de marzo de 2019, antes das eleccións, pero o anterior goberno local non foi quen de executala en 28 meses”. “Hoxe facemos realidade as demandas da Guardia Civil”, afirma.