Cerceda creará unha senda peonil para conectar o núcleo urbano co centro médico

1 minutes read

O Concello de Cerceda creará unha senda peonil para conectar o núcleo urbano co centro médico para continuar mellorando as conexións e prestar mellores servizos á veciñanza. Unha senda peonil de 200 metros de lonxitude e 2 metros de ancho na marxe dereita, co retranqueo de 180 metros de pechamento de postes de formigón e arame.

O alcalde, Juan Manuel Rodríguez, resaltou que “ca ampliación no acceso ao CPI O Cruce moi avanzada, agora buscamos mellorar a seguridade na estrada que vai ao centro médico de Cerceda, outra edificación pública de gran trascendencia para a vida das persoas. Este mandato vai supoñer para o pobo un avance moi grande en materia de accesibilidade”, concluíu o rexedor.