23
As persoas interesadas en participar nesta iniciativa deberán deixar o lixo nun lugar accesible antes das 9.00 horas. A empresa Collecting Oil será a encargada de realizar este traballo. Pódese contactar cos responsables a través do teléfono 639 920 936 (tanto por chamada como mediante WhatsApp) ou no correo electrónico info@collectingoil.com. Todos os residuos recollidos transportaranse á planta de reciclaxe Collecting Oil, no parque industrial de Bértoa. Cada residuo será sometido a un proceso de reciclaxe individual segundo as súas características.
As rutas de recollida serán as seguintes:
- MÉRCORES 21 DE SETEMBRO: Aldea Tella, A Gándara, Seixos, Petón, Polígono Tella, Tallo, Vilasuso, O Rieiro
- XOVES 22 DE SETEMBRO: Bugalleira, Ameixenda, Rebordáns, As Salgueiras, Os Melcos, Langueirón, A Vitureira, Ardabón, A Ponte Dona.
- VENRES 23 DE SETEMBRO: Froxan, Xornes, Pazos
- LUNS 26 DE SETEMBRO: Riotorto, Limiñoa, O Barreiros, Cores, Viladesuso, Figueiroa, A Costa, A Campara, Santa Cruz, Os Torrados, A Lamela, Miraflores.
- MARTES 27 DE SETEMBRO: O Castro, O Rueiro, Os Anxeles, Brantuas de Arriba, Casas de Espereira, Brantuas de Abaixo.