Esta xornada vaise celebrar o sábado 8 de outubro na Fundación Eduardo Pondal do Couto, en Ponteceso, en horario de 11.00h a 18.00h. Será retransmitida en directo pola plataforma dixital do Concello de Ponteceso. O prazo de inscrición para participar está aberto.
O sábado 8 de outubro ás 11:00h abrirase a xornada coa inauguración da nova exposición Antas da Costa da Morte do SEMESCOM. Ás 11.15h o presidente da Fundación Eduardo Pondal daralle a benvida aos asistentes. Ás 11.20h Miguel Anxo Mato falará da pegada megalítica na poética de Eduardo Pondal. Ás 11.40h será a quenda dos divulgadores do megalitismo na Costa da Morte (intervirán, entre outros, Tania Carreira, Xosé María Lema, Ana María Romero, Xosé Manuel Varela…). Ás 13.00h haberá un coloquio e xa ás 14.00h unha comida de amizade.
Pola tarde, ás 16.00h farase un percorrido arqueolóxico e etnográfico polo monte do Faro (Brantuas) con Suso Lista e Gabriel Varela Pose e ás 18.00 pecharase a xornada.