A rotura dunha tubaxe, por mor do impacto, provocou unha fuga de gas e obrigou a intervir aos Bombeiros da cidade, que puideron controlar a fuga ao pouco de chegar ao lugar dos feitos.
Tamén, ata o lugar, desprazouse o persoal da empresa subministradora do gas que abastece a zona, que procederon ao corte subministro mentres non se dea por remata a reparación da avaría.
Varios particulares informaban ao 112 Galicia deste accidente. Indicaban que un coche que circulaba pola Ronda de Camilo José Cela, en Elviña, saírase da vía e chocara contra un farol que estaba tirado no chan. Aseguraban que había persoas feridas e, ademais, indicaban que por mor do impacto había cheiro a gas.
De inmediato, desde o 112 Galicia pasouse aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros da Coruña e á Policía Local, que xa tiñan constancia do accidente.
Unha vez no punto, tras confirmarse a fuga de gas, os Bombeiros indicaron aos xestores de emerxencias que o coche, no que viaxaba unha familia, dous adultos e un neno, tras saírse da vía, impactou contra un farol e un muro, e, como consecuencia rompeu unha tubaxe que provocou o escape de gas. Varias vivendas da zona víronse afectadas ao ter que cortar o subministro do gas.
Os dous adultos foron trasladados polo persoal sanitario ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña e, o menor, derivado ao Hospital Materno da cidade.