Ferrol | Simulacro de rescate de urxencia en Cabo Prioriño

1 minutes read

O simulacro tivo lugar este xoves nunha zona de difícil acceso como é Cabo Prioriño. Alí a manobra consistía en rescatar un pescador que quedou atrapado nunha furna e un particular foi quen deu a voz de alarma.

No simulacro, os primeiros en chegar ao lugar foron os bombeiros de Ferrol, pero non foron quen de rescatar o home por terra. Así que avisaron ao 112 que, á súa vez, mobilizou o helicóptero II de Gardacostas da Xunta. Tamén efectivos de Protección Civil, Policía Local e Policía Nacional. En total arredor dunha vintena de persoas que lograron liberar o pescador con éxito.

O obxectivo desta acción non era outro que coordinar os distintos grupos de urxencias, pero tamén mellorar os tempos de resposta e a metodoloxía deste tipo de intervencións.