O Concello de Vimianzo presenta a programación da Semana da Biblioteca 2022 para conmemorar o Día das Bibliotecas que se celebra o día 24 de outubro.
A rapazada dos Centros Educativos de Vimianzo son os destinatarios desta programación de animación á lectura financiada por Ler Conta Moito da Xunta de Galicia.
O Mago Paco preséntará o mércores 19 de outubro unha morea de contos e historias a través de xogos e da maxia, que levará a nenos e nenas a descubrir a “maxia divertida” que agochan os contos.
O Mago Teto o xoves 20, coa conferencia-espectáculo “ 4500 anos da incrible historia da maxia” pretende espertar na rapazada o interese pola arte da maxia e achegalos/as á historia de tan apaixonante e sorprendente mundo.
O venres 21 con “Hocus Pocus”, que fai de cada xogo un momento diferente, nos que a rapazada é a protagonista creando así un espectáculo propio dunha mente infantil: aloucado, ruidoso, dinámico e cheo de sorpresas.