Tres feridos ao chocar un coche contra un camión en Santiago

0 minutes read

Tres persoas quedaron feridas na tarde deste mércores ao chocar o seu coche contra un camión que estaba aparcado. O sinistro ocorreu arredor das tres e media da tarde na N-550 á altura do Km 56, moi preto da factoría da Finsa en Santiago. Foi un particular o que alertou os servizos de emerxencia.  Ata o lugar desprazáronse a Policía Local, a Garda Civil de Tráfico e unha dotación de bombeiros. Dúas das persoas que ían no vehículo tiveron que ser liberadas.