Traspaso de poderes en Italia

1 minutes read

A nova primeira ministra de Italia, a ultradereitista Giorgia Meloni, acudiu este domingo á sede do Goberno en Roma, para escenificar o traspaso de poderes co seu predecesor no cargo, Mario Draghi. Meloni, recibiu de Draghi a pequena campá coa que os primeiros ministros marcan o inicio das reunións do seu Goberno, un acto que simboliza ese traspaso de poderes. A política romana, de 45 anos, converteuse na primeira muller en recibir esta campá e como, manda a tradición, fíxoa soar cun sorriso para despois estreitar a man de Draghi. O seguinte paso, nos próximos días, será afrontar a investidura nas dúas sedes do Parlamento, o Senado e a Cámara dos Deputados, un puro formalismo dado que a coalición de dereitas ten a maioría absoluta.