A Coruña acollerá Womex en 2023 | A maior feira musical internacional

1 minutes read

A alcaldesa, Inés Rey, destacou en Lisboa a oferta turístico-cultural da Coruña, que tomará o testigo da capital lusa para a celebración, o vindeiro ano 2023, do Womex, a maior feira musical a escala internacional. Desde o pasado mércores, e a través dun stand propio do Consorcio de Turismo e Congresos da Coruña, o Concello promociona a oferta musical, turística, cultural e gastronómica da cidade, amosando a aposta do Goberno municipal por posicionar á Coruña como a urbe de referencia no noroeste da Península para acoller e promover eventos de toda índole a escala internacional, desde culturais ata turísticos, sociais, empresariais ou profesionais, dentro do plan establecido pola alcaldesa, Inés Rey.

Womex é, ademais, a maior conferencia da escena musical global e o mercado profesional máis importante da industria musical. Entre os días 25 e 29 de outubro do ano 2023, Womex congregará na Coruña a máis de 3.000 congresistas procedentes de 90 países, que abranguen desde programadores, promotores, empresas discográficas e xornalistas nacionais e internacionais ata artistas chegados de todo o mundo.