8
O accidente de tráfico produciuse na AC-444, á altura do punto quilométrico 4, na parroquia de San Cibrán da Barcala. Foi unha persoa particular quen alertou do sinistro ao 112 Galicia. Acto seguido, os xestores do CIAE 112 Galicia puxeron a situación en coñecemento de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Santa Comba, da Garda Civil de Tráfico e do servizo de mantemento da vía de circulación. Desde o lugar dos feitos, os Bombeiros de Santa Comba confirmaron ao 112 Galicia que descartaran usar o material de excarceración, xa que o varón atopábase accesible. Pola súa banda, os servizos sanitarios nada puideron facer por salvarlle a vida.