Comeza na Coruña a quinta edición do programa de ideas ‘Sementando Participación’

1 minutes read

O Concello da Coruña, a través da Fundación Educo, pon en marcha a quinta edición do programa “Sementando Participación” que congregará a máis de 300 alumnos e alumnas da Coruña xunto co seu profesorado. O proxecto, que comeza este luns 7 de novembro, é unha iniciativa que busca achegar ás aulas o coñecemento dos dereitos da infancia con especial atención ao dereito á participación, fomentando a súa capacidade crítica e pensamento críticos. 

Neste curso os centros que participarán no programa son o CEIP San Pedro de Visma, CEIP Eusebio da Garda, CPR Fogar de Santa Margarida, CPR Esclavas e CPR Calasancias. Nestes cinco anos de “Sementando Participación” máis de 1.000 nenas e nenos achegaron propostas para a mellora da súa cidade a través da presentación de distintas iniciativas nos eidos do ocio, o coidado do medio ambiente, a educación ou o apoio aos colectivos máis vulnerables.

“Sementando Participación” forma parte do abano de medidas postas en marcha e respaldadas polo Goberno de Inés Rey na procura de incrementar a participación das persoas na xestión pública.