Os traballadores de Alcoa están cansos de que xoguen con eles

1 minutes read
  • Este venres movilizáronse cortando a estrada fronte a factoría coruñesa

Unha noticia inesperada a estas alturas da negociación. Alcoa bótase atrás na venda das fábricas, porque di agora que Parter Capital non cumpre as garantías financeiras requeridas. A dirección de Alcoa e os comités de empresa e o secretario de Estado de Industria reunense para mediar no conflito. De momento hai confusión, porque non se sabe se trata dunha paralización temporal, ou se a venda se cancela definitivamente, o que suporía que o domingo pecharían as dúas plantas e a practica totalidade dos traballadores serían despedidos. A dirección de Alcoa non deu ningunha explicación de por que cambiou de opinión a tan só 48 horas para que acabe o prazo para vender as fábricas.