Ponteceso promoverá  as festas gastronómicas locais no Xantar Ourense

1 minutes read

O Concello de Ponteceso quere promover neste evento a Festa do Percebe do Roncudo, a Festa do Raxo de Brantúas, a Festa Marisqueira de Semana Santa e a recentemente celebrada Feira das Fabas. 

Os percebes de Corme, a Fabada de Ponteceso e o Raxo ao estilo Brántuas, berberechos do Esteiro do Anllóns e pan e repostería das panaderías de Ponteceso comporán o menú que Daniel Santos Esmorís, profesor da Escola de Cociña de Ponteceso, vai preparar coa axuda de Xosé Lois García Carballido, alcalde de Ponteceso, que fará de axudante de cociña e camareiro no evento.

Esta demostración culinaria desenvolverase  grazas a colaboración da  Deputación da Coruña que lle cede o espazo para poder realizala.