A secretaria xeral de Industria, Paula Uría, visitou na mañá deste martes o parque empresarial Camporrapado con motivo da actuación de mellora das infraestruturas viarias levada a cabo co apoio da Xunta de Galicia.
Paula Uría estivo acompañada na súa visita polo alcalde de Boqueixón, Manuel Fernández Munín, e polo concelleiro de Economía e Facenda, José Manuel Iglesias Gómez, así como por técnicos da empresa adxudicataria das obras. Uns traballos que incluíron a mellora dos viarios perimetrais do polígono empresarial e que dan acceso ás empresas nel afincadas.
Así, procedeuse á limpeza das marxes e á reapertura das cunetas existentes, que foron canalizadas para mellorar a seguridade viaria na contorna, entre outras actuacións.